A Asociación Teatral Paso de Valverde ofrece un curso anual de formación teatral para actores ou persoas que queiran adentrarse no mundo do teatro, traballando unha preparación corporal e vocal analítica dirixida á expresión, poñendo en xogo e por separado cada parte do corpo, aproveitando o contido dramático de cada unha delas.

O obxectivo principal é que os futuros actores e actrices sexan capaces de utilizar os seus propios recursos e acadar a plenitude da voz e do movimento xusto, sen que o seu corpo faga máis da conta, sen contaminar o que se quere transmitir, baseando o traballo nunha ximnasia dramática na que cada xesto, actitude ou movimento está xustificado.

A búsqueda realizarase a través de diferentes técnicas de movimento, improvisación e creación traballando a partir da respiración, a relaxación, o contacto co chan, o corpo e o espazo.

PROGRAMA:

Presencia física e vocal do actor, Relación entre corpo e voz, O espazo escénico, Relación entre corpo e espazo, Ritmo, movemento e voz, Análise do xesto e do movimento, Xogo Dramático, Acrobacia, Máscara, Improvisación.

Teatro Escola

No hay publicaciones.
No hay publicaciones.